17 feb 2019

Os alumnos e alumnas que cursamos a materia de Literatura galega do século XX-XXI queremos mostrarmos o resultado do noso traballo na aula:

  1. Lemos e comprendemos textos literarios.
  2. Interpretamos e profundamos nos seus posibles significados.
  3. E finalmente, desfrutamos representando eses textos.
Aquí vos deixamos a nosa montaxe audiovisual a partir dunha Cousa de Castelao. Dámoslles as grazas a Ana Álvarez e a Xosé Seoane pola súa axuda, sen a cal non teriamos chegado a este resultado.

Parabéns rapaces e rapazas polo ben que traballades en grupo e o moito entusiasmo e ilusión que poñedes no que facedes.

26 jun 2018

TOXOS 2.0.3

Aquí está un ano máis o resultado do noso traballo. O EDLG do IES Isaac Díaz Pardo traballou arreo dende o mes de xaneiro ata o14 de maio, día no que estreamos: I lance de Os vellos non deben de namorarse. Atrás quedaron os nervios, o esforzo por memorizar papeis, a repetición unha e outra vez de frases, as mesturas de pintura, o deseño de decorados, a busca de efectos de audio, os enfados... Vendo agora este resultado, sentímonos orgullosos de vós: do voso traballo en grupo, da vosa capacidade para resolver atrancos, do voso esforzo por facelo en cada ensaio mellor.
Esperamos que o día de mañá recordedes esta bonita experiencia de ter sacado adiante esta representación teatral escolar que con moi poucos medios, pero con moito enxeño obtivo uns resultados máis que aceptables.
Parabéns rapaces e rapazas.


5 nov 2017

Non é sen tempo, pero superados todos os atrancos… aquí temos a nosa representación teatral: As laranxas máis laranxas de todas as laranxas de Carlos Casares. Grazas a todos e a todas polo esforzo e o tempo que lle dedicastes a este proxecto. O grupo teatral TOXOS 2.0.1 presentaaaaaa:


10 dic 2016

Aquí temos a montaxe que GALLAECIA FILMS  elaborou coas fotos do Roteiro Oteriano 2016. Moitas Grazas Xosé!

5 nov 2016

Onte, venres 4 de novembro, realizamos o noso xa tradicional ROTEIRO OTERIANO. Os alumnos/as  de 4º ESO visitamos o mosteiro de Oseira guiados por un monxe beneditino que cunha interesante e amena explicación nos monstrou a arte do mosteiro; máis tarde visitamos a Casa Grande de Cimadevila,  Museo Otero Pedrayo de Trasalba; pola tarde fixemos o percorrido pola cidade de Ourense, localizando   puntos claves da obra de Blanco Amor: A esmorga, buscamos as placas das rúas, esculturas, xardíns, burgas…

Pero se temos que resaltar algo dentro desta actividade extraescolar é o voso bo comportamento.
Parabéns rapaces, así é un pracer saír con vós das aulas.










19 jul 2015

ENTROIDO

Ola a todos, espero que esteades aproveitando o verán. Aquí vos deixo unha tarefa pendente que tiña que ter feito durante o curso: unha montaxe coas vosas fotos do entroido, pero nunca atopaba tempo. Agora co descanso estival disfrutei moito facendo esta presentación de Kizoa. Espero que vos guste, sobre todo aos meus alumnos de 1º ESO, que tanto se esforzaron cos disfraces.

22 abr 2015

PHOTOCALL

Así de ben o pasamos nesta actividade que nos propuxeron facer dende a organización do Correlingua: tirarnos fotos diante dun cartel alusivo ao Correlingua e acompañados duns bocadillos nos que se fomentase o uso do galego. Estas fotografías enviáronse á organización para difundir nas redes sociais  o uso do galego entre os rapaces novos.
Pois aquí están os rapaces e rapazas de 4º ESO e 1º Bacharelato que se animaron deseguida a participar neste POSADOIRO.
Divertida experiencia, xa estades no facebook do correlingua, podedes entrar e difundir as vosas fotos.
Xosé preparounos este vídeo que recolle o ben que o pasamos facendo esta actividade. A música é de Monoulius "MORRER EN JALISIA"