ACTIVIDADES DE LINGUA

Os alumnos de 1º ESO consultaremos esta interesante páxina: www.xente.mundo-r de Tintarras, grazas Serafín Álvarez por realizar este marabilloso traballo que nós aproveitamos.

A acentuación
 Hoxe imos traballar a acentuación, para isto realizaremos estes exercicios que preparou Xesús Golmar. Na súa páxina oticotico podemos repasar todo o referido aos acentos, sílabas tónicas, regras de acentuación...
Pincha aquí para ir directamente aos exercicios de sílaba tónica
Aquí podemos repasar as regras xerais de acentuación
E finalmente a acentuación de ditongos e hiatos


Ca-ma-le-ón: palabra aguda
          
Comezamos cun repaso das categorías gramaticais, xa sabes..., localizamos substantivos,adxectivos, determinantes, pronomes,verbos, adverbios, preposicións e conxuncións. Para esta tarefa aproveitamos a páxina do IES Otero Pedrayo que nos proporciona exercicios interactivos. Pincha aquí e arrincamos.

O SUBSTANTIVO : xénero e número.
Creo que nos convén repasar un pouquiño, por iso imos entrar nesta páxina de Matuquín, que nos sintetiza todo o que debemos saber sobre o substantivo e sobre a formación do xénero e do número.
Agora toca facer exercicios da páxina ogalego.eu, estes non son interactivos, pero servirannos para revisar o traballado na aula.

O XÉNERO
Atopamos no blogue "Enredando coas palabras", exercicios interactivos para traballar o xénero dos substantivos, omitas trazas Marisa por proporcionarnos este material.
Non os faremos todos hoxe, deixamos para mañá estoutros  de xente. mundo que tamén se refiren ao xénero e son igual de interesantes xa que veñen acompañados da teoría que xa traballamos na aula.
                                       
O masculino e o feminino
O NÚMERO.
Agora imos co singular e o plural dos substantivos e adxectivos. Primeiro repasamos as regras de formación do plural e a continuación practicamos: poñemos en plural estas palabras . Finalmente comprobamos o que sabemos nestes exercicios que Belén Pérez elaborou para nós, na súa páxina de lingua galega.org


OS DETERMINANTES: 
demostrativos, posesivos, indefinidos e numerais.
-Viches como saltou aquel golfiño?
-Non, pero vin como saudou estoutro.
ogalego.eu páxina na que revisamos a teoría e a continuación facemos exercicios.
Belén Pérez pon tamén á nosa disposición Actividades de Lingua e Literatura galega na súa páxina linguagalega.org, hoxe seleccionamos as clases de palabras: demostrativos e posesivos.

Neste capítulo de Ben Falado descubrimos outras formas do posesivo dentro da xeografía galega.






O PRONOME PERSOAL
Para os meus alumnos de 1º ESO atopei esta páxina que elaborou Marisa, no seu blogue "Enredando coas palabras", moitas grazas por este marabilloso traballo que nós aproveitaremos para repasar o pronome persoal tónico e átono: te/che, posición do pronome, que parece que nos custa un pouquiño colocalo correctamente.
- Gústanche as lambonadas?
- A min  encántanme.



O VERBO
Para facer un repaso do verbo, revisamos o cadro dos verbos regulares e irregulares da páxina de ogalego.eu, a continuación practicamos os exercicios. Se temos dúbidas podemos consultar o CONXUGADOR VERBAL CILENIS, para o que non existe antepretérito, nin futuro de subxuntivo... que se lle resista.
Pero eu sei que a ti che gustan máis os exercicios do verbo interactivos, pois aquí están os de linguagalega.org.

E agora que xa o sabes todo sobre o verbo, aquí che deixo este vídeo sobre a saga Crepúsculo para que te relaxes un pouco.Selecciona o idioma para poder ler os subttítulos.


REVISAMOS O APRENDIDO
A modo de repaso, podemos facer as actividades interactivas que nos proporciona o blog de Rosa Salgueiro. Son un conxunto de 20 exercicios para ti, alumno/a de 2º ESO, onde poderás demostrar todos os teus coñecementos de ortografía,  léxico, sintaxe, cantiga de amigo, Rosalía, Curros…un chisquiño de todo. Pincha no pé da foto.
                                 
DE TODO UN POUCO
         

No hay comentarios: