ESCRIBIMOS OPINIÓN

Nesta páxina opinamos, discutimos, argumentamos e contraargumentamos... como? Escribindo comentarios persoais sobre diversos temas de actualidade.

Aquí vos deixo un posible guión.
                             
      TEXTO ARGUMENTATIVO
1º parágrafo: Presenta o tema, debes tomar unha postura sobre a que vas argumentar  no  teu comentario. É a presentación da tese.
2º e 3º parágrafo: busca dous argumentos que defendan a túa tese inicial. Estás na argumentación. Utiliza os conectores para organizar os parágrafos, así:
  •   Para introducir un tema: en primeiro lugar, en principio, para comezar…
  •   Para continuar: ademais, así mesmo, deseguido
  •   Para iniciar un novo tema: en relación a, tocante a… 
  • Para exemplificar: é dicir, isto é, noutras palabras
  • Para exponer causas ou consecuencias: daquela, xa que logo, polo tanto…

4º parágrafo: para contraargumentar ou refutar, trata de poñerte na postura contraria á que estás defendendo e busca algo positivo nela.
  •  Para contraargumentar ou opoñerse ao dito anteriormente: porén, non obstante, aínda así, agora ben
5º parágrafo: sintetizas o que vés de argumentar, en dúas ou tres liñas recolles a modo de conclusión a túa idea inicial, agora redactada de modo orixinal. Usa un destes conectores.
  • Para resumir ou concluír: en resumo, en poucas palabras, en conclusión, así pois, para finalizar
Nós non pelexamos. Opinamos con argumentos


Lembra sempre:

      Utilizar os verbos en presente.
      Usar construcións impersoais, co pronome se: crese que, fálase de 
      Non uses a 2ª persoa: ti. 
      Recorda que é un texto no que ti redactas para opinar, para expresar a túa opinión sobre un tema, polo tanto non se poden usar os guións, números… no seu lugar introduce os parágrafos cos conectores. 
      Non te repitas nos argumentos, nin tampouco repitas palabras.

        

      *************************************************************************************************  Hoxe veremos esta curtometraxe e escribirás un breve comentario sobre a sensación que che produciu, o que máis te impresionou, aquilo que queres destacar ou simplemente a túa opinión...




*********************************************************************************
Para trababallar na titoría de 4º de ESO imos ver esta película: A pesar de todo quérote dirixido por Jorge Algora. A película vai acompañada dunhas interesantes actividades organizadas en cinco módulos que realizaremos na aula.
Aquí deixamos o enlace para este traballo que nos ocupará as próximas sesións de tutoría.


Aproveitaremos para redactar un comentario crítico persoal sobre as medidas que se poden tomar
para evitar os accidentes de tráfico. Recorda organizar a información en parágrafos, usar os conectores…, tes as instrucións no comezo desta páxina. Xa sabes: faino todo o ben que poidas!!

No hay comentarios: