LINGUA 4º ESO

LINGUA E SOCIEDADE

DIALECTOLOXÍA

Interesantísimo mapa interactivo sobre os bloque e áreas dialectais.
Non deixes de ver os vídeos de MARÍA LADO de "See"no Bloque Occidental; o anaco de "Ben falado" de Bande no Bloque Central e os falantes de A Gudiña no Bloque Oriental.
Podemos escoitar un falante de Noia nesta páxina de culturagalega.org, fíxate no seseo e na gheada e nos rasgos dialectais do BLOQUE OCCIDENTAL.
Escoitamos agora un falante de Allariz, fíxate nos rasgos dialectais da área LUCU-AURIENSE: pronome tu, cuanda, pronome persoal il.
Localiza neste falante asturiano, da Veiga, o rasgo dialectal propio do BLOQUE ORIENTAL: o plural das palabras rematadas en -n, como o fai este falante?

Para poder repasar o que traballamos na clase sobre os bloques e áreas dialectais, revisamos esta presentación de Celia Díaz do IES As Lagoas.
Variedades xeográficas do galego moderno-- from letrasenrede

ACTITUDES LINGÜÍSTICAS

Para poder facer unha análise dos prexuízos lingüísticos que nos dominan e facer unha reflexión sobre a actitude que temos os galegos cara ao noso idioma debemos visitar esta páxina, nela atoparemos o material necesario para analizar: CONFLITO LINGÜÍSTICO, BILINGÜISMO, DIGLOSIA, AUTOODIO, AUTOXENOFOBIA… os principais fenómenos das linguas en contacto e usos da lingua e actitudes lingüísticas.
                           


PREXUÍZOS

Aquí temos unha presentación  realizada por Inma Xove sobre os prexuízos en xeral e sobre os prexuízos cara ao galego en particular.




SINTAXE

Para traballar a sintaxe podemos revisar esta presentación que elaborou Lourenço Álvarez Ruiz, nela recolle de maneira sintetizada todo o que debemos saber sobre categorías gramaticais, funcións sintácticas e tipos de unidades sintácticas. Un traballo completísimo e presentado dunha maneira moi atractiva.

No hay comentarios: