LITERATURA 4º ESO

Como complemento ás clases de literatura, aquí atoparás material para repasar ou ampliar os contidos traballados na aula.
                                             
                                               1º TRIMESTRE

A LITERATURA DO 1º TERZO DO SÉCULO XX
Esta presentación de Román Landín ofrece unha panorámica do contexto político, cultural e literario do primeiro terzo do século XX.



Literatura galega (1900-1936) from Román Landín

Fíxate de que forma máis amena e divertida podemos ver o contexto da literatura galega de preguerra, xa sabes: Irmandades da Fala, Xeración NÓS, Seminario de Estudos Galegos...

As Irmandades da Fala | Videoremix from Illa Bufarda on Vimeo.


Estoutra presentación de Román Landín permítenos repasar as vangardas europeas e as galegas, inclúe poemas e propón actividades para traballalos. Ollo! un deles podería ser o do exame...
                   



Vangardas from Román Landín

Como eu sei que has necesitar ler, comprender e evadirte cos poemas de MANUEL ANTONIO nalgún momento da túa vida, pode ser agora ou pode ser máis adiante, aquí che deixo esta guía que te orientará na lectura de De catro a catro. Moitas grazas de novo á xente que traballa detrás de ogalego.eu: Anxo González e Vitoria Ogando por todo o material que nos proporciona.


PINCHA AQUÍ

               
Para repasar o tema 2: A prosa do 1º terzo do século XX visionamos esta presentación de Xoán Seca.



Por se algún de vós perdeu a fotocopia da Antoloxía de textos literarios do 1º terzo do século XX. Aquí vos deixo un exemplar:

Os apuntamentos que necesitades para preparar o exame do xoves 21 de novembro. Pincha no pé da foto.

Apuntamentos literatura 1º terzo do século XX


Con toda a literatura do 1º terzo do século XX traballada na aula, coa antoloxía de textos lidos e analizados, poñemos fin ao estudo desta etapa cun proxecto de investigación. Aquí están as directrices do traballo.

Na rede atopei esta interesante páxina sobre Castelao:
CASTELAO

Que atopaches ti sobre Otero Pedrayo?
Non esquezas que os nosos escritores teñen unha páxina da súa fundación que che proporcionará un interesante material para facer o teu traballo: pincha no pé de foto
OTERO PEDRAYO

Sobre Vicente Risco atopei este interesante estudo en PDF na páxina da súa fundación. Pincha no pé da foto.


VICENTE RISCO
Para os que necesitan atopar material sobre Manuel Antonio, aquí vos deixo este PDF da Asociación de escritores en lingua galega.


MANUEL ANTONIO
Os que traballaredes sobre a figura de Álvaro Cunqueiro atoparedes algunha entrevista, para comezar... aquí tedes os datos biográficos. Non esquezades visitar a Biblioteca Virtual Galega. 
ÁLVARO CUNQUEIRO

2º TRIMESTRE
Arrincamos este segundo trimestre de literatura galega coa lectura de Poetízate de Fran Alonso

1º chanzo
O primeiro que imos facer é lelo, cada un na súa casa, con tranquilidade e intentando disfrutar da
poesía, xa nos advirte Fran Alonso que "a poesía non morde". A medida que vaias lendo vai facendo anotacións con lapis: poemas que che gustan, os que non che gustan, os que non entendes,
subliña versos que te impresionan, anota a idea fundamental que expresa cada un… o que queiras. 
Co poemario lido e cheo de anotacións faremos o control de lectura o xoves 16 de xaneiro.

2º chanzo
Elaboraremos un comentario poético: cada un de vós realizará a análise dun poema que se expoñerá ante toda a clase. Aquí incluiremos a montaxe de photo peache, que nos permitirá reinterpretar á nosa maneira o poema, combinando fotografía, música e versos. No pé desta foto atoparás a guía para o comentario poético

GUÍA PARA O COMENTARIO POÉTICO
Con este Photopeache que fixen con fotos dunha visita á Real Academia Galega podes ver os pasos a seguir para elaborar o teu, é un pequeno titorial que case non necesitas porque é moi sinxelo o seu manexo.
                                

3º chanzo
Imos traballar a poesía de posguerra: A lírica entre 1936 e 1976.
Para entender o panorama político, social e cultural da inmediata posguerra e dos anos da ditadura veremos esta presentación de Román Landín.

Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio from Román Landín

Agora falaremos de poetas, tendencias poéticas e leremos poesía deste período a través desta fabulosa presentación elaborada por Lourenço Álvarez Ruiz.
Non esquezas traer á clase o libro de Poetízate porque nel recóllense varios poemas desta época.


5. A poesía galega entre 1936 e 1976 from Lourenço Alvarez Ruiz

Seguimos aproveitándonos do marabilloso material que nos porporciona Lourenço Álvarez, nesta ocasión coa Prosa galega entre 1936 e 1976, esta presentación complementámola coas lecturas que facemos na aula, xa sabes: Fole, Cunqueiro; Blanco Amor, Neira Vilas e mais os escritores da Nova Narrativa Galega.
                 


No hay comentarios: