EU LEO, TI LES...

Eu leo, ti les... e vós que ledes?
Páxina que recollerá as vosas opinións sobre os libros que vos gustan, os que non vos gustan, os que vos gustaría ler porque alguén vos dixo que vos gustarían...

 
ELABORAMOS UNHA RESEÑA
Escribimos unha reseña coa intención de despertar o interese por un libro, invitando a outras persoas  a lelo, polo tanto debemos evitar desvelar elementos da trama.
Este é un esquema orientativo para que poidas elaborar a túa reseña, non é necesario que sigas todos os ítems, escolle aqueles que che interesen e redacta ordenando as ideas en parágrafos.
Ilustra a reseña cunha imaxe : portada do libro, do autor  ou calquera outra imaxe que che pareza axeitada para a historia, o ambiente, os personaxes…

1.     Ficha bibliográfica: título da obra, autor, editorial
2.    Presentación: xénero literario ao que pertence , se é unha novela (amorosa, social, histórica, aventuras, misterio, ciencia-ficción, fantástica), libro de relatos. Público ao que se dirixe (juvenil, adultos)
3.    Breve información sobre o autor: outras obras interesantes do autor, sobre todo se xa as liches.
4.    Argumento: fai un breve resumo da novela, pero non deas demasiados detalles, detente nun momento álxido, para crear suspense e non desveles o final.
5.    Crítica: expresa a túa opinión sobre a novela: se che gustou a historia, cal foi a mellor parte da novela, que che parecen os personaxes principais,  se o tema da novela ten interese para ti, ou está de actualidade, como te sentiches ao lelo, que cousas aprendiches, se o recomendarías aos teus amigos.
6.    Relación da obra con outras: do mesmo xénero , do mesmo autor ou con películas que viras: “Recordoume a…”
Consulta aquí unha reseña sobre o libro que lemos no primeiro trimestre: As fronteiras do medo de Agustín Fernández Paz.



Bibliografía consultada: http://malenaortizrodriguez.wikispaces.com
lengmoliner.blogspot.com



KAFKA E A BONECA VIAXEIRA






A lectura para este trimestre será esta novela de Jordi Sierra i Fabra. Comezaremos léndoa na clase e comentándoa entre todos, logo rematarémola na casa. Atopamos neste blogue:  Revolta da freixa material que nos axudará a entender a novela, sobre todo para o léxico. Moitas grazas a esta xente que nos proporciona este interesante material.






HISTORIA DA LINGUA GALEGA
PEPE CARREIRO
Neste último trimestre leremos esta amena e graciosa historia da lingua galega. Leremos un capítulo cada día e iremos colocando os datos que nos interesen sobre unha LIÑA DO TEMPO. Imos ver que alumno ou alumna consegue facer a máis clara e sintética historia da nosa lingua.

Este será un posible modelo de liño do tempo, pero ti podes mellorala!



A MIÑA PLANTA DE LARANXA LIMA

Agradecemos ao profesor de Educación Plástica e Visual, FERNANDO ALONSO, a súa xenerosidade ao cedernos os seus debuxos orixinais para esta presentación, como ben sabedes na edición do libro aparecen en branco e negro.



No hay comentarios: