O NOSO DIARIO


Follas de diario: cada alumno escribirá as súas preocupacións, o seu sentir persoal nesta páxina do noso blog. Antes comezamos este traballo nun diario de papel, nun caderno de toda a vida, agora que xa estamos preparados lanzámonos a esta nova plataforma: caderno de bitácora dixital.
OS NOSOS DIARIOS DE AULA. 2º ESO A-B-C


                                                                                                                                                                          Martes 15 xaneiro 2013

   Ola diario de 2º de ESO, son Pilar, a profe, hoxe tócame a min estrearte. A verdade que me impón un pouco enfrontarme a unha folla en branco, imaxino que lles pasará o mesmo aos meus alumnos cando lles toque a súa quenda.

Hoxe estou un pouco cansa, onte non puiden vir ao instituto por motivos persoais, a pesar disto estou animada con este novo proxecto que arrincamos hoxe, espero que lles guste aos meus alumnos. Aquí poderán contar o que lles apeteza: como se senten, que os preocupa, que os fai feliz… o que queiran con tal de que escriban en galego.

   Acabaron as vacacións de Nadal e custoume un pouco comezar de novo, pero só os dous primeiros días, agora xa estou lista para traballar. Síntome moi a gusto con estes alumnos de 2ºESO, creo que xa lles caio un pouco mellor, porque me coñecen máis. Saben que se me enfado, podo transformarme nunha hidra, saben que ademais de “profesora”, é dicir, o inimigo, tamén son humana: equivócome, enfádome sen razón, son moi mandona…, pero ademais sei rir con eles, disfruto co meu traballo e gústame o que fago.

   Ben, xa vou ir parando por hoxe, porque senón  non lles vou deixar follas aos  demais para que escriban.

                Ata outro día diario

                                     Pilar.
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

                                     Mércores 22 de xaneiro 2013
   Ola diario, a verdade é que non sei que escribir porque non esperaba que me tocaras hoxe, pensei que ía ter un día máis para meditar.
   Estou nerviosa porque xa temos exames, tan pronto!. Ando ocupada lendo o libro de galego, ao principio perdíame un pouco, pero agora gústame máis, paréceme durísimo todo o que está pasando o rapaz.
   O sábado temos un posible plan: pensamos ir á pista de xeo todas xuntas, espero poder ir.
    Despídome e ata outra 
                                  María. Alumna de 2º ESO-C



------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- 
                                                Luns, 4 de marzo
   Queridos lectores, aquí escribe Sara Ro. Estamos na clase falando de variedades dialectais e entre que escoito a explicación e escribo ao mellor cólase algún que outro rasgo dialectal.
   Hoxe chove igual ca se unha vella tirara unha tina de auga dende o ceo.
   Ben, pois eu quería contar que na clase temos unha variedade de opinións impresionante, incluso algunha que custa entender, agora che explico estas variedades. Pois mira, querido diario: temos ao noso amigo Iago, a min encántame a súa filosofía de vida, xa que sempre está a rir. Por outro lado temos ao noso "encarcerado polo sistema" (pu..... sistema di el), con perdón pola palabra malsoante, segundo el non hai mundo no que vivirporque todos nos enganan... gha, gha, gha (isto vai polo da gheada que estamos estudando hoxe). Temos tamén as nosas parelliñas. Coma todas as parellas discuten, a min resúltame gracioso, porque parece que levan casados 50 anos e non levan nin un mes.
Logo están os vagos declarados que non traballan, pero en canto ven un exame á vista si que espabilan. Podería escribir un libro coas memorias desta clase, pero por hoxe vouno deixar aquí.
  Polo que levo lido dos meus compañeiros sei que se queixan de que levan unha vida bastante aburrida no insti, pero eu penso que o que pasa no día a día da miña clase e na miña vida fóra de aquí fanme sentir viva e disfruto de cada momento.
                 Chao, un biquiño.
                                             Sara Rodríguez. Alumna de 2º ESO-B
 

No hay comentarios: