28 feb 2013

Ola a todos/as aquí arrinca este novo blog dende o feirón de Sada. Este blog de aula fará as veces de lugar de reunión periódica de alumnos e alumnas para mercar, vender e intercambiar palabras, opinións,  coñecementos, achados literarios, cinematográficos, musicais, vivencias persoais...

O meu obxectivo é lograr aprender a deseñar actividades interactivas que sirvan de complemento ao traballado na clase. Pero tamén me gustaría darlle un cariz moi participativo para o alumnado, conseguir que escribisen nel as súas experiencias persoais: diario, xa o estamos facendo en formato "papel de toda a vida" e están moi animados, non sei como podería canalizado a través deste blog; as opinións dos alumnos/as sobre unha noticia; obradoiro literario, vimos de facer un de poesía...utilizando uns elementos tecnolóxicos moi básicos.
E non sei cantos novos proxectos máis que espero poder desenvolver neste curso.

No hay comentarios: