Xa estamos en outubro, chegou o outono e con el o Samaín. Un ano máis o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Instituto está a preparar unha sorpresa terrorífica para alumnos de 1º e 2º de ESO.
O próximo mércores 29 de outubro os alumnos de 1º ESO subirán á biblioteca para asistir ao Samaín, os alumnos de 2º de ESO irán o xoves 30.
Cal será o personaxe protagonista deste ano? O LOBISHOME non pode ser, porque xa nos acompañou hai dous anos; a SANTA COMPAÑA veu o ano pasado; quen virá esta vez?
Non esquezas traer cabazas, o medo xa cho poñemos nós!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario