Penélope
Un paso adiante e outro atrás, Galiza,
e a tea dos teus soños non se move.
A espranza nos teus ollos se espreguiza.
Aran os bois e chove.
Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol coma unha uva.
Pro ti envolveste en sabas de mil anos,
e en sonos volves a escoitar a chuva.
Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, ¡Xesús María!,
e toda cousa ha de pagar seu desmo.
Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco o Outono.
¡Un paso adiante e outro atrás, Galiza!
Nimbos, 1961
Imos comezar a investigar sobre este poeta, nesta páxina atoparemos material para coñecer datos da súa biografía e sobre todo elementos que nos axuden a entender a súa poesía. Nestoutra páxina temos material fotográfico e textos do poeta de Guitiriz.
![]() |
1961, Editorial Galaxia |
No hay comentarios:
Publicar un comentario