31 mar 2014

OBRADOIRO RADIOFÓNICO

Os alumnos de 4º ESO-C, é dicir, Daniel, Aitana, Desireé, David, Germán, Adonay, Alina e Romina, vimos de realizar un "Obradoiro Radiofónico sobre Música e Valores", no que aprendemos bastante , pero sobre todo, pasámolo de marabilla.
A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios, AGARESO


desprazouse ao centro para realizar   connosco o obradoiro que se impartiu en dúas xornadas.
Na primeira introducíronnos no mundo da radio: as súas características, a linguaxe e os xéneros xornalísticos ademais de explicarnos os  8 OBXECTIVOS DO MILENIO:
1º Erradicar a pobreza extrema e a fame.
2º Acadar a ensinanza primaria universal.
3º Promover a igualdade entre os xéneros e a autonomía da muller.
4º Reducir a mortalidade infantil.
5º Mellorar a saúde materna.
6º Combater a sida, o paludismo e outras enfermidades.
7º Garantir a sostenibilidade do medio ambiente.
8º Fomentar unha asociación global para o desenvolvemento.
O noso obradoiro centrouse no 3º obxectivo: eliminar as desigualdades de xénero antes do 2015. Como queda pouco tempo para acadar o obxectivo,  puxémonos mans á obra con tarefas incluídas para a casa, recompilar cancións nas que se recollesen referencias sexistas: modelo feminino submiso e servicial, a muller como obxecto sexual, violencia de xénero… atopamos de todo. Coa axuda da nosa monitora e xornalista que nos guiou, gravou e elaborou o guión radiofónico aquí vos presentamos o resultado.
 
PINCHA AQUÍ PARA ESCOITARNOS
                                       
                                                    
Outra das tarefas que nos encomendou para a segunda sesión foi a elaboración dunha cuña publicitaria, aquí vos presentamos o resultado

PROSPECTO DO NOVO MEDICAMENTO:
 SEXIGUALPROFENO

                                                          

No hay comentarios: