Os alumnos de 4º ESO realizaron o Roteiro Oteriano, un proxecto elaborado por Xosé Seoane. Pasamos todo o día fóra, para poder aproveitar todo o que a cidade de Auria nos ofrece, realizamos un percorrido polo casco antigo localizando todas as referencias ao escritores e obras literarias: Otero Pedrayo, Risco, Blanco Amor… Pola mañá visitas guiadas ao Mosteiro de Oseira e a casa de Trasalba.
Un día intenso de cultura galega e tamén intenso de emocións, risas e amizade entre compañeiros de clase.
Moitas grazas pola vosa gran implicación rapaces!
No hay comentarios:
Publicar un comentario