O día 27 de xaneiro
tivemos unha saída ao teatro. Púxemonos en marcha nada máis chegar
ao instituto, e , unha hora máis tarde, estabamos en Santiago, ás portas do Salón Teatro, así que tivemos uns minutos libres antes do espectáculo. Cando sentamos na sala, e chegaron os demais
institutos, a obra comezou.
Apareceron dous homes, e
o primeiro que fixeron foi falarnos da súa lingua, a protagonista da
representación, neste caso, o galego. A obra conseguiu engancharnos
dende o primeiro momento, en cada unha das escenas expoñía un
prexuízo lingüístico con moitísimo humor. Dende que somos
pequenos ata a morte, xa que na última escena representábase o
futuro, un futuro no que o galego se convertirá nunha lingua morta,
isto fíxonos reflexionar a todos.
Realmente o espectáculo
fíxonos recapacitar, e dunha maneira entretida, os cincuenta minutos
pasaron voando, xa que falaba de cousas cotiás, mesturadas con
humor e destinadas aos mozos.
Cando rematou a obra
déronnos tempo para pasear pola cidade, algúns ata nos perdemos no
regreso ao teatro.
En resumo, foi unha saída
moi atractiva, a obra sinceramente sorprendeunos moi positivamente,
porque case todos pensabamos que sería un tostón de teatro, pero
pásamolo ben, e pola nosa parte gustaríanos repetir.
Aitana e Aurora, 4º ESO-A
Aitana e Aurora, 4º ESO-A
No hay comentarios:
Publicar un comentario